Galicia

Extinguido o lume de Cualedro logo de arrasar 3.180 hectáreas

Lume12A Consellería do Medio Rural confirmou este xoves que o lume forestal rexistrado na parroquia de Lucenza no concello ourensán de Cualedro, quedou extinguido este mércores pasadas as 11 da mañá.

O incendio empezou o pasado domingo ao mediodía e, segundo estimacións provisionais, arrasou unha superficie de 3.180 hectáreas, das cales 2.432 son rasas e 748 arboradas.

Na súa extinción participaron 3 técnicos, 49 axentes forestais, 108 brigadas, 47 motobombas, 8 pas, 11 helicópteros e 9 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

También te puede interesar