Os gandeiros, que este luns conduciron 3.000 tractores ata Compostela e rodearon a cidade, decidiron en asamblea que os tractores sigan na capital galega, cando menos, ata o xoves.
Os vehículos non se moverán de Romero Donallo, a Avenida de Lugo e O Hórreo mentres non se solucione o problema do prezo do leite e non sexan recibidos polo presidente do Goberno de Galicia.