É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másAfectados pola Hipoteca cualifica de “labirinto de documentacións e demoras” as axudas a familias a piques de desafiuzamento
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Vigo-Baixo Miño, denunciou este domingo, durante unha xuntanza, tres novos casos de desafiuzamento por impago de aluguer que teñen en común unha situación precaria, de emerxencia habitacional ( falta de ingresos suficientes) e problemas de suministros básicos como o agua ou a luz.
A PAH sinala que os afectados estiveron no Concello, na Concellería de Benestar Social, e “atopáronse que a resposta e un labirinto de documentacions e demoras, unha verdadeira carrera de atrancos que transmite aos afectados o temor de que cando cheguen as axudas será sa moi tarde”.
A Plataforma, ademáis de amosar a súa solidariedade coas familias afectadas, denuncia que “non é de recibo que existindo miles de casas baleiras na cidade, moitas delas a consecuencias dos desafiuzamentos, non se articule xa un Parque de Vivendas de Emerxencia Habitacional” co que e poida facer fronte á situación de moitas persoas que están a piques de acabar na rúa pola imposibilidade de facerlle fronte ao pago da hipoteca ou do alugueiro.