Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másDona Digna, un século de vida de Redondela
Chegar aos 100 anos de vida non está na man de calquera, se cadra o segredo é o traballo a reo, iso é o que parece no caso de dona Digna Casal, esta veciña de Redondela, nai de 9 fillos, que traballou no campo e como mariscadora e que hoxe xa está disfrutando dun retiro ben gañado.
Dona Digna, que contoulle ao alcalde cando ía a Vigo ou a Fornelos camiñando, algo que hoxe é inconcebible e que ela ve como o máis normal do mundo, recibiu o recoñecemento de todos os veciños de Redondela- especialmente dos de Quintela, onde viviu durante moitos anos, e dos de Santa Mariña, a onde se trasladou non hai tanto, a casa da súa filla- en forma dunha Coca grabada en pedra.
Dona Digna, xa pasaremos a preguntarlle cómo fixo para chegar ao século…non é que pensemos en estar aquí cen anos máis contando o que pasa, é para ver se ainda temos tempo para aforrar e irnos a un paraiso tropical…ou a ese sitio no que acaban os que viven mellor: o ‘Paradero Desconocido’.