Comarcas

PP, BNG e EU, rexeitan debater en Porriño unha modificación orzamentaria de 651.000 € e deixan o Concello nunha situación límite

O anterior alcalde, Nelson Santos (PP), deixou prácticamente a cero varias partidas de gastos correntes nos mess anteriores ás Eleccións Municipais de maio
O anterior alcalde, Nelson Santos (PP), deixou prácticamente a cero varias partidas de gastos correntes nos mess anteriores ás Eleccións Municipais de maio

“Uns temos como prioridade sacar adiante as necesidades dos veciños de O Porriño e outros queren atenazarnos para que non o podamos facer”. Con esta frase a alcaldesa, Eva García de la Torre, puxo fin, este mércores, ao debate da modificación orzamentaria que se debatiu este mércores no Pleno ordinario do Concello e que, finalmente, cos votos dos concelleiros do Partido Popular, EU Son e BNG, foi apartada da orde do día.

Este era o punto central deste Pleno que, segundo sinalou o grupo de Goberno, plantexaba á Corporación para afrontar a “situación límite” na que se atopa a xestión municipal ao non poder facer fronte a gastos necesarios para o funcionamento diario do Concello.

A modificación plantexaba a necesidade de aprobar un suplemento de creto de 651.000 €, lembrando que as partidas de gasto corrente foran esgotadas polo anterior goberno do PP nos primeiros meses do ano, boa parte das mesmas cando xa se convocaran as Eleccións Municipais do pasado mes de maio.

A alcaldesa lembrou que, días antes, plantexou esta necesidade aos representantes dos grupos políticos e que chegou a un consenso para deixar fora do debate de hoxe o estudo das facturas aprobadas polo anterior goberno, e o uso do superávit para acometer inversión sostibles, tal e como autoriza a Lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Maila a elo, o BNG rexeitou considerar este suplemento de creto alegando que o mesmo non sinalaba, partida por partida, o destiño final da mesma, argumento ao que se sumou o concelleiro de EU Son.

Pola súa banda, o Partido Popular rexeitou que, como expuso o primeiro tenente de alcalde, Manuel Carrera, carecer de fondos para acometer obras en beirarúas ou dotar de medios para que poidan traballar as 70 persoas que integran o Plan de Emprego, fose unha das urxencias que xustificasen a petición da modificación orzamentaria.

En base a estos argumentos, e ainda do chamamento da alcaldesa ao grupo popular para que asumise “a súa responsabilidade política por unha situación causada por vostedes e que vai afectar aos veciños” e, cando menos se abstivese, os concelleiros populares deron a súa conformidade á retirada do punto da orde do día.

Ante esta situación, o goberno local convocará, coa maior urxencia, un Pleno Extraordinario no que se tratará a modificación orzamentaria que permita seguir co funcionamento do Concello.

También te puede interesar