Se o tempo acompaña, nada mellor que pasar o domingo en plena natureza. A asociación cultural ‘O Coto’ prepara para o vindeiro día 18 unha peque-ruta polo río Gafos, en Pontevedra. Apenas 8 quilómetros pensados para o público familiar e, sobre todo, para os nenos no que se percorrerá o río Gafos acompañada de membros do Colectivo Vaipolorío.
O gran atractivo desta ruta, unha pequena viaxe en tren ata chegar a destino. Por iso, os interesados terán que presentarse antes das 12:15 horas na estación de ferrocarril de Vigo, xa que esa é a hora á que sae o tren. Para máis información podes visitar a web de O Coto ou chamar aos teléfonos 986 487 957 ou 676 524 529.