Este venres, representantes de Podemos Galicia, Anova e Esquerda Unida, presentaron, na Praza de Mazarelos, en Compostela, o acordo, abranguido nun declaración para presentar unha candidatura galega conxunta ás Eleccións Xerais do vindeiro 20 de decembro.
O acto, ao que asistiron o deputado e líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, os alcaldes de Ferrol, Xurxo Suárez, e Compostela, Martiño Noriega, unha representación de Xulio Ferreiro, alcalde de A Coruña, o secretario xeral de Podemos Galicia, Breogán Riobóo, Marilar Aleixandre, membro da coordinadora de Encontro Cidadán por unha Marea Galega, e a vicevoceira parlamentaria de AGE e coordinadora galega de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, quedou caro que se trata dun acordo “aberto”, que nace “coa vontade de xenerosidade e desexo de confluencia” e que está feito para a cidadanía que “ten que construír, destruír, quitar, poñer, emendar e coser se fai falta”.