Galicia

Un morto e 84 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

AccidenteO 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 84 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres e as 12 menos un minuto da noite de onte. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 22 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 84 persoas. Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 24 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 72. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a sete sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 54 ocasións, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en oito ocasións.

En 72 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar