É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másMarea de Vigo afirma que o nomeamento de Vázquez Almuiña, vinculado a Povisa, como conselleiro ata a Sanidade Pública ao modelo privado
Rubén Pérez, voceiro municipal da Marea de Vigo considera que o relevo na Consellería de Sanidade- Raquel Mosquera polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña– é “un cambio de cara” que non suporá novidade algunha na xestión do modelo sanitario do PP porque evidentemente os males causados na concreción do modelo do Hospital Álvaro Cunqueiro “requiren un cambio de goberno no Estado e en Galicia” para modificar lexislativamente “todas aquelas leis que permiten as fórmulas de xestión privada na sanidade pública”.
Marea de Vigo lembra que o modelo hospitalario de Povisa, onde traballou o novo conselleiro, quen leva anos despedindo persoal, incorpórase de xeito análogo ao modelo do Servizo Galego de Saúde (Sergas) na área sanitaria de Vigo, modelo que merma ainda máis a calidade asistencial. Marea de Vigo segue considerando que o servizo sanitario dun area tan importante como a de Vigo, “non pode estar a expensas dos intereses económicos dun grupo empresarial”.
Pola sua parte, a concelleira Marga L. Barreiro, considera que, “non veremos nada novo baixo o sol do novo conselleiro Vázquez Almuiña, xa que o modelo sanitario privatizador do PP está atado e ben atado” e considera que “seguiremos precisando grandes mobilizacións para garantir unha sanidade pública, gratuíta e de calidade”.