Comarcas

A alcaldesa de Porriño aposta polo traballo conxunto co clúster do granito e a formación específica para crear emprego

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o presidente do clúster do granito, Guillermo Pérez Aboy, na xuntanza mantida este xoves
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o presidente do clúster do granito, Guillermo Pérez Aboy, na xuntanza mantida este xoves

“Foi unha xuntanza moi proveitosa e productiva”. Así calificou o presidente do Clúster do Granito, Guillermo Pérez Aboy, a reunión que mantivo este xoves coa alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, na que a rexedora plantexou un acordo para traballar “conxuntamente” cun sector “senlleiro” que emprega a máis de 7.000 persoas e representa preto do 1,5 % de todo o Producto Interior Bruto (PIB) de Galicia.

Pérez Aboy salientou que o Cluster e o Concello irán da man no “fomento do emprego na zona de Porriño, no estreitamento da comunicación empresarial coa administración local e na promoción e proxección, dentro e fora de España, do Granito de Galicia”. O presidente do clúster incidiu no feito de que o 80% de todo o granito que se produce en España sae de Galicia e que, deste, “o 90% ten coma orixe Porriño”; nas “boas perspectivas” para este ano e o 2016, e no feito de que se trata dun sector moi internacionalizado “que soubo adaptarse ao mercado mundial esgrimiendo a súa calidade, tanto no que se refiere á propia materia prima, como na súa industrialización”.

Esta calidade permitiulle ter como primeiros clientes a empresas e organismos de Estados Unidos, países de Iberoamérica, Europa e de Oriente Medio e que haxa institucións tan emblemáticas como o Moma de Nova Iorque, a sede do Concello de Tokio, a do Parlamento Europeo, ademáis dos metros de Londres e Paris ou os aeroportos de Hong-Kong e Dubai, que están feitos con granito Porriño.

Precisamente foi nesta proxección, “tanto dentro como fora de España” no que a alcaldesa ofreceu a “completa colaboración do Concello”, de xeito que toda a promoción do Granito se faga dende Porriño. Eva García de la Torre viaxará, nas próximas semanas, a Bruxelas onde plantexará ás autoridades europeas a necesidade de que a ‘marca’ Granito de Europa estableza normas de transformación e medioambientais que están nos protocolos cos que traballan, dende hai anos, os empresas do clúster galego.

Eva García de la Torre e Guillermo Pérez Aboy coincidiron na importancia de promocionar diante dos organismos da UE o “expertis” da industria graniteira galega, un dos seus sinais de identidade “que xeran máis confianza e fielidade entre os clientes desta industria”.

Formación específica para o emprego

En base a isto, a alcaldesa anunciou á creación, con fondos municipais, de Plans de Formación “específicos e adaptados ás necesidades concretas das empresas, que permitan a cualificación de veciños do Porriño que estén en paro para desenrolar os postos que estas empresas precisan cubrir”. Eva García de la Torre cre que a mellor opción é que sexan integrantes destas empresas os que impartan esa formación, “de xeito que os aistentes aos cursos adquiran, exactamente, os coñecementos que deben ter os empregados que busca esta industria”. A alcaldesa subliñou que ten a intención de aproveitar “ao máximo” a ventaxe de que Porriño conte con “dous polígonos industriais en expansión, con importantísimas firmas que precisan persoal formado en habilidades concretas, para que os porriñeses sen emprego poidan adquirir as mesmas e atopar un traballo duradeiro e estable”.

También te puede interesar