
“Hai un goberno que xestiona e non que esconde a cabeza ou trata de agochar os problemas”. Esta é descripción que fan o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez (BNG), e o primeiro tenente de alcalde, Eduardo Mariño (PSOE), pasados os primeiros 100 días de actuación do goberno local de coalición.
Como subliñan, “estamos traballando con máis información e transparencia que nunca na historia de As Neves, contando aos veciños o qué se fai no Concello, cómo se fai e porqué se fai”. Aquí, indican, hai que lembrar que dun orzamento aprobado para este ano de 2 millóns de euros, cando chegou o novo goberno, “a metade de xuño”, quedaban 700.000 €, “que estaban xa comprometidos para as partidas de gastos correntes: en menos de medio ano o anterior goberno do PP xa gastará o 65% de todo o orzamento deixando o resto para o pago de nóminas, iluminación, auga ou o funcionamento normal da administración municipal”.
Con esa cantidade o novo goberno tivo que facer fronte ás deficiencias do saneamento,“que estaba nunha situación caótica”, subliña Mariño, que tamén é responsable da Área de Vías e Obras. “Ainda agora non sabemos cómo está todo o saneamento, porque non hai plano algún de ubicación das canalizacións que o determine…tivemos que partir de cero e, ao mismo tempo, arranxar á falla de mantemento, durante anos, das tubaxes, das decantadoras e do estado ruinoso dalgunhas conduccións”.
Tamén houbo que ocuparse do alumeado, reparando o cableado, sustituindo as lámpadas de mercurio polas de vapor de sodio para baixar o custo, que non estaba controlado, “o Concello, é dicir, os veciños de As Neves, pagaban consumos que non sabíamos de qué eran…a situación era tan desastrosa que mesmo houbo que adecuar todo o cadro eléctrico da propia casa do Concello”.
O alcalde lembra, ademáis, que nestes máis de cen días, púxose a funcionar, finalmente, o punto limpo; que houbo que facer “in extremis” as obras para que a piscina poidese abrirse, “o estado na que a atopamos, a poucos días da tempada do verán era lamentable e constituía un perigo para os usuarios”; por primeira vez en décadas está ordeada a recollida do lixo e limpáronse os colectores, “sen custo adicional para o Concello e para os veciños”; encaráronse as xestións da PLISAN, con entrevistas coa conselleira, Ethel Vázquez, a delegada da Zona Franca e o presidente do Porto de Vigo; están a piques de rematar as obras de acceso ao Centro de Saúde; fixéronse as xestións da Galiescola e do cruzamento de Setados, do colexio e aumentáronse as actividades para nenos no verán; actualizouse a colaboración co Banco de Alimentos, rematouse un novo catálogo de Servizos Sociais, “incrementando o número de persoas beneficiadas, tamén no Servizo de Atención no Fogar”; encarouse o problema da Escola Municipal de Música; rematouse o Pavillón Municipal de Deportes; “empezamos co ‘Concello Escoita’, abrindo a xestión aos veciños e escoitando, parroquia por parroquia as súas necesidades, problemas e ideas” e os Plenos celébranse os sábados para que os nevensen poidan acudir e participar en eles; acometeuse o transporte ao novo hospital; empezouse a organizar unha xornada con expertos en loita contra a avespa velutina; As Neves sumouse ao Plan de Emprego da Deputación e afrontouse o “grave problema dos roubos e asaltos a casas” con contactos co subdelegado do Goberno, co cal haberá unha entrevista nos vindeiros días, cos mandos dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e coa convocatoria, o día 15 deste mes da Xunta Local de Seguridade, con presenza de “todos os partidos que están representados na Corporación xunto co máximo responsable comarcal da Garda Civil”.