Galicia

110 feridos nas estradas galegas nunha Ponte do Pilar sen mortos

Accidente de tráfico (ARQUIVO)
Accidente de tráfico (ARQUIVO)

O 061 asistiu durante a Ponte do Pilar a un total de 110 persoas debido a 74 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, día 9, ás 12 menos un minuto da noite deste luns, 12 de outubro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 93 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 74 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 110 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 98. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a seis sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 83 ocasións, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en nove ocasións.

En 94 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 16 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

También te puede interesar