É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másCaballero anuncia a construcción dun quilómetro de beirarrúas preto do Cunqueiro ante os “problemas de seguridade”
Ante os problemas de tráfico e seguridade detectados no entorno do Hospital Álvaro Cunqueiro, o alcalde anunciou este xoves a decisión do goberno local de limitar a 40 km/h a velocidade entre as dúas rotondas do entorno mesmo, construir un quilómetro de novas beirarrúas na Avenida Clara Campoamor e habilitar novos pasos de peóns. “Estas tres medidas xa están decididas”, apuntou este xoves o Abel Caballero, quen avanzou un estudo en detalle de novas propostas para a próxima semana.
A xuizo de Caballero, o novo hospital se abríu de forma “acelerada e precipitada” e en consecuencia “non está preparado, nin dentro nin no entorno”. O alcalde ve “incapacidade” no Goberno de Galicia pare facerlle fronte e avanzou que “nós imos a actuar”, con medidas de tráfico e seguridade no entorno do centro sanitario.
“¿Se dan vostedes conta?, ao final quen ten que estar resolvendo os problemas da inacción do Goberno galego é o Concello, en todo: en tráfico, en aparcamentos, en seguridade”, concluiu.