Galicia

O avogado de Besteiro acusa á xuiza De Lara de “atribución irregular” da causa na que está citado o líder socialista

BesteiroCándido Conde-Pumpido, avogado do secretario xeral dos socialistas de Galicia na causa da urbanización Garañón, na que José Ramón Gómez Besteiro ten que declarar como imputado, acusou á xuiza que realiza a instrucción do sumario de “atribución iregular” da investigación da mesma.

Conde-Pumpido adiantou este venres que no recurso que presentará ante o útimo auto da xuiza, que pide unha ampliación da investigación sobre o patrimonio de Besteiro, insistirá na competenza de Pilar de Lara e “a súa atribución irregular da causa”.

O avogado sinalou que á xuiza “non lle vale nada”, e indicou que “cando di que ao meu representado regalouselle un piso e él aporta a documentación que proba que non foi así, logo de equivocarse, a maxistrada pide saber de onde proceden os cartos para pagarlo, cando se demostra que foi cunha hipoteca e cantidades retiradas do banco, perfectamente acreditadas, pide seguir indagando máis sen saber qué é o que busca”.

O letrado subliñou que o feito de que a xuiza non fixara data para a declaración de Besteiro “xera un grande perxuizo a alguén que pretende ser candidato á Presidencia do Goberno de Galicia”.

Hai que lembrar que José Ramón Gómez Besteiro entregou no Xulgado e aos xornalistas a totalidade dos movimentos das súas contas e as da súa muller, nos últimos anos, copias das escrituras da hipoteca, dos ingresos bancarios, da licenza e escritura do piso, da propiedade do seu coche e da súa moto, dos mobimentos das tarxetas ou das nóminas dende que fora elixido concelleiro en Lugo.

Pola súa banda, o fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Fernando Suanzes, en relación con este tema, declarou que o mellor xeito de non levar nada e querer levalo todo e engadiu que a xuiza De Lara “tenta levar cousas sobre as que non ten competencia”.

También te puede interesar