Vigo al minuto

O Concello quere alugar “20 ou 25 fincas particulares” preto do Cunqueiro para ampliar o aparcadoiro municipal

Coches estacionados preto do Cunqueiro/Tresyuno Comunicación
Coches estacionados preto do Cunqueiro/Tresyuno Comunicación

O goberno municipal ven de falar con os donos de varias fincas situadas ao carón do Hospital Álvaro Cunqueiro para alugarlles os terreos e ampliar o que será o aparcamento municipal.

Segundo dixo este venres o alcalde, ademáis das 1.000 prazas que quere o Concello que haxa-500 nunha primeira fase e a mesma cantidade, nunha segunda, todas elas en terreo municipal- a intención é alugar “20 o 25 fincas particulares” preto do Álvaro Cunqueiro, para ampliar o número de aparcadoiros en “outros 500 ou 700 máis”, segundo salientou Caballero.

O alcalde afirmou que a conexión coa VG-20 estará garantida polo propio Concello e, dende alí, habera que ter o permiso do hospital para que os coches poidan ir desde o mesmo ao aparcamento municipal. Ademáis, Abel Caballero asegurou que xa están en marcha o trámite paa modificar o uso do chan municipal para empezar as obras do aparcadoiro.

También te puede interesar