O candidato de Unión Progreso y Democracia á Presidencia do Goberno do Estado, Andrés Herzog, que hoxe estivo pola mañá no Hospital Álvaro Cunqueiro, acompañado pola voceira parlamentaria do partido, Rosa Díez, e do candidato número 1 da formación nas listas de Pontevedra ao Congreso, Javier Lojo, e o cabeza de lista de Lugo, Agustín Gallego, dirixiuse á Comisaría de Policía de Vigo para presentar unha denuncia contra as autoridades sanitarias da cidade para presentar unha denuncia polo delito de Omisión do deber de socorro.
A xuizo de Herzog, a sanidade é unha competencia inexcusable e básica do Estado e por iso, entendendo que o novo hospital carece dos medios e recursos sanitarios para atender aos pacientes, decidiu que debía interpoñer esta denuncia.
O candidato á Presidencia do Goberno por UPyD esixiu ao Goberno de Galicia unha sanidade que sexa pública, comprometida coas necesidades e sufrimento dos cidadáns e universal.