Ciencia y Tecnología

Sanidade non ten vacinas pentavalentes para bebés de 4 meses e tampouco do tétanos para nenos de 6 anos

VacinaSanidade non está subministrando a coñecida como ‘vacina pentavalente’, que é para cinco enfermidades, e que teñen que recibir os bebés de 4 meses. Segundo os profesionais médicos, o Servizo Galego de Saúde “hai meses que non a ten” e recorre a outra vacina, a hexavalente, que corresponde aos bebés de 2 meses.

Ademáis, tamén hai falla de subministro na vacina do tétanos dende comezos deste ano, segundo indican profesionais sanitarios. Este medicamento téñeno que recibir todos os nenos que teñen 6 anos. 

O problema está en que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) non dispón, actualmente, desta vacina xa que hai un “grave problema de stock” que ten a súa orixe nunha forte demanda deste mesmo medicamento por parte de China. Algúns profesionais da sanidade pública apuntan a que o problema se pode agravar polas débedas que a administración galega mantén con certos laboratorios o que estaría retardando, aínda máis, a consecución destas vacinas.

Sobre esta cuestión, o presidente do Goberno de Galicia asegurou onte que non tiña constancia do mesmo limitándose a asegurar que “se hai problemas temos que solucionalos, agás que sexa un problema de falta de suministros do laboratorio”.

Do medio colaborador galiciaconfidencial.com.

También te puede interesar