É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másCarrefour contrata a 300 persoas en Galicia para a campaña de NAdal
Carrefour reforzará a plantilla dos seus supermercados en Galicia contratando 300 persoas para a campaña de Nadal. A compañía indica nun comunicado que os seleccionados deben ter orientación comercial, capacidade para atender aos clientes e gusto polo traballo en equipo.
A empresa ten previsto realizar 3.000 contratos indefinidos en todo o Estado antes que remate esta ano, logo de facer indefinidos preto de 2.200 contratos no que vai deste 2015, de xeito que o 85% da súa plantilla sexa fixa.