Galicia

Baltar e o PP dan a ‘espantada’ do Pleno no que trataría da denuncia por ofrecer un traballo a cambio de sexo

José-Manuel-BaltarNin o presidente da Deputación de Ourense, nin os 13 deputados restantes do Partido Popular, compareceron este martes no Pleno extraordinario do ente provincial no que debía debaterse a denuncia feita por unha muller contra José Manuel altar por prometerlle un posto de traballo a cambio de sexo.

Ainda que o presidente, logo de negarse a dar explicacións decidiu convocar este Pleno, finalmente non apareceu, nin él nin membro algún do Partido Popular, polo cal a sesión foi presidida polo deputado provincial de máis idade.

Os populares remitiron un comunicado, firmado polos 14 deputados do grupo no que adiantan que non están dispostos a participar nun “espectáculo lamentable que pretende convertir o Peno nun debate sobre un tema persoal que afecta gravemente a honaribilidade do presidente e que nada ten que ver coas funcións deste órgano da Deputación”.

Ademáis, o PP califica de “miserenta” a actitude dos grupos da oposición sobre esta cuestión.

También te puede interesar