Galicia

#ninundiamáis pide nas redes sociais o cesamento de Baltar como presidente da Deputación de Ourense

5639d33100c71-ninundiamaisO manifesto #ninundíamáis asolaga, dende este mércores, as redes sociais para esixir o cesamento de José Manuel Baltar como presidente da Deputación de Ourense «despois dos descarados exercicios de nepotismo exercidos pola súa familia nas últimas décadas», nos que a denuncia dun presunto ofrecemento de traballo a cambio de sexo, din, é «unha nova volta de rosca».

Segundo as persoas que impulsan a iniciativa, «as gravacións que saíron á luz recentemente amosan o señor Baltar mantendo conversas nas que dá proba de prácticas absolutamente desprezables dende o punto de vista ético».

A xuizo dos impulsores de #ninundiamáis, calquera intento de Baltar por limpar a súa imaxe a través de códigos éticos ou auditorías, «non son máis, que unha carreira cara a adiante para evitar por todos os medios o coñecemento de que exerce dende o seu cargo condutas indignas dun representante público e faino en beneficio propio».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.