Nove alumnos do Centro de Atención á Discapacidade de Souto de Leixa, en Ferrol, que pertence á Consellería de Política Social, atópanse afectados pola sarna. Dacordo coa información do Goberno de Galicia, están aillados, se lles aplicou xa o protocolo de profilaxe e melloran do brote.
Os afectados, maiores de 25 anos, empezaron a notar os efectos da infeción a finais do mes pasado o cal obrigou, sempre segundo a información da consellería, a aillar a internos e profesores que estiveron en contacto con eles.
Política Social descoñece a orixe da sarna que contáxiase polo uso de prendas compartidas e por contacto.