Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Co actual nivel de quentamento global, no ano 2100 non existirán San Simón, Toralla e o Porto de Vigo

2015_11_11_25679De seguir o nivel de quencemento global que temos na actualidade, no ano 2100, é decir, dentro de 85 anos, o Porto de Vigo xa non existirá, o mesmo que Toralla e San Simón, e boa parte da cidade.

Media Galicia podería quedar debaixo do mar segundo as estimacións dunha investigación de Climate Central publicada na revista da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos, en base ás proxeccións do quentamento global. Así, e segundo estas previsións, dentro de 75 anos Galicia terá entre 2 e 4 grados máis e o nivel da costa podería subir ata os 7 metros.

Unha situación caótica que colapsasaría boa parte das infraestruturas costeiras galegas, comezando polos portos de todas as grandes cidades, ademáis do de Vigo, os de A Coruña, Ferrol ou Marín. De feito, partes importantes destas cidades quedarían baixo as augas, igual que acontecería en Pontevedra.

Dentro de Galicia, a peor parte sería para os concellos de Vilanova de Arousa, Cambados, Ortigueira,Viveiro, Foz, ou Oleiros que case que desaparecerían. Espazos naturais fermosos e únicos do país tamén ficarían mergullados baixo as augas. É o caso das dunas de Corrubedo, a Praia de Carnota e Baldaio ou a Lagoa de Valdoviño.

Pero a suba do nivel de auga non só afectaría a localidades costeiras, outras como O Rosal ou Tomiño desaparecerían parcialmente pola crecida do Miño e o mesmo pasaría con Outes, na Ría de Muros-Noia.

Segundo o informe de Climate Central, as emisións de carbono, a temperatura da terra e a subida do mar podería deixar anegadas parcialmente numerosas cidades do mundo o que porá en risco a uns 130 millóns de persoas pola suba do mar.

Do noso colaborador galiciaconfidencial.com

También te puede interesar