É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másLazoiro convida a imaxinar Salvaterra coa exposición “Memoria de Salvaterra”
O proxecto Memoria de Salvaterra que foi lanzado a finais deste verán en forma de páxina web onde se recolle a memoria fotográfica e audiovisual, así como documentos relevantes de carácter histórico e que os veciños e veciñas recolleron con gran expectación con máis de 800 visitas diarias, terá a súa primeira exposición física, que comezará o venres 20 de novembro en horario de 7 e media da tarde a 9 e media da noite, e seguirá sábado e domingo de 10 e media da mañá a 2 da tarde e de 4 e media a 9 e media da noite, con entrada de balde.
Dende Lazoiro afirman que a exposición “non só pretende dar a coñecer aos veciños e veciñas o paso do tempo, senón tamén que aprendamos cousas esquecidas e que foron de vital importancia, xa sexan celebracións, tradicións, persoas relevantes, ou oficios “ ademais destacan “o importante de todo este proxecto tamén é a participación cidadán tan grande que houbo, incluso de xente de Monçao, de non ser así non se podería estar falando agora de facer unha exposición”.
As persoas que asistan, ademais de gozar dunha precisa selección de medio centenar de fotografías de todo un século, tamén verán documentos históricos que aínda non están publicados na páxina web e obxectos do antigo cine Coliseo de Salvaterra . Contará tamén con varios proxectores onde se poderán ver o arquivo audiovisual e máis fotografías das que están expostas.
Ademais da participación cidadán da xente á hora de conseguir todo o material, dende Lazoiro aseguran que “de non ser tamén pola colaboración das empresas que patrocinan o proxecto nada disto sería posible, por iso queremos agradecer a súa colaboración, e tamén ao Concello de Salvaterra”.