É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másBesteiro confirma que no PSdG haberá as Primarias que Pachi Vázquez non convocou cando él foi candidato e que agora reclama
O secretario xeral dos socialistas de Galicia asegurou este xoves en Vigo que o PSdG abrirá un proceso de Primarias para elexir ao seu candidato á Presidencia do Goberno de Galicia. José Ramón Gómez Besteiro, que estivo na cidade para asistir a unha conferencia do alcalde, Abel Caballero, lembrou que él é “fillo das Primarias” e que, “por suposto”, que se celebrarán en 2016.
Besteiro contestaba, deste xeito á petición do seu antecesor Pachi Vázquez– que tivo que dimitir dos seus cargos públicos ao ser procesado por suposta malversación de fondos do Concello de O Carballiño, cando foi o seu alcalde e,presuntamente, enchufou no Concello a 37 persoas-.
Curiosamente, Vázquez, cando foi secretario xeral, optou á Xunta sen convocar Primarias, algo que agora reclama. Neste senso, Besteiro subliñou que restecta as opinión de todos os afiliados socialistas e que se todo o problema é convocar Primarias, “o problema está xa resolto”.