Vigo al minuto

Empezan as obras de saneamento, abastecemento e mellora lumínica da rúa Pizarro

 

 

Pizarro/Tresyuno ComunicaciónO Concello de Vigo levará adiante nos vindeiros meses dous proxectos de abastecemento, saneamento, mellora lumínica e instalación da rede separativa de pluviais en Pizarro e nas rúas do seu entorno. No primeiro dos casos os traballos desenvolveránse nas rúas Santo Domingo, Condesa Casa Bárcena e San Salvador, cun orzamento de 1.383.648 € e neles traballarán 9 persoas a xornada completa durante 6 meses.

A actuación que recolle a inversión abarca a implantación dun sistema de saneamento separativo de augas residuais coa intención de aumentar a eficiencia dos tratamentos de depuración, aforrar enerxía neses tratamentos e reducir os custos de funcionamento que levan implíticos estes procesos.Tal e como recolle o proxecto tamén executarase a renovación dos elementos de alumeado para mellorar a eficiencia lumínica co que se busca reducir a contaminación lumínica e o aforro enerxético. Tamén serán obxecto destas actuacións o cambio de colectores de materiais non recomendados, como o fibrocemento, por outros máis axeitados.

Para levar adiante as renovacións mencionadas demoleráse parcialmente a pavimentación da rúa, que será aproveitada na reconstrucción para adecuala e mellorar a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida ou minusvalías.

Do mesmo xeito a actuación favorecerá e fomentará a mobilidade sostible a través do tránsito peonil e o uso de transporte colectivo, así como que mellorará a seguridade vial de peóns e vehículos.

No que se refire a rúa Pizarro o Concello tamén executará o proxecto de instalación da rede separativa de pluviais, renovación das redes de abastecemento e saneamento e a mellora da eficiencia lumínica na rúa Pizarro, neste caso entre a Praza Isabel la Católica e Urzáiz. O orzamento neste tramo ascende a 2.010.882  e dará emprego a 13 persoas a xornada completa durante 6 meses.

Te podría interesar