É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másPor un Cunqueiro Público
Milleiros de persoas participaron este domingo en Vigo na marcha convocada pola Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Vigo (CHUVI) en defensa da Sanidade Pública e para esixir que se recupere o Hospital Álvaro Cunqueiro como un centro sanitario “público e de calidade”.
Os manifestantes sairon da Praza de América cara ao Álvaro Cunqueiro berrando “¡Non queremos un hospital privado!” e demandando ao Goberno de Galicia que garanta unha atención sanitaria de calidade, sen recortes e sen intervención de empresas que “so buscan o rendemento económico sen importarlles a saúde dos enfermos”.
Os representantes dos traballadores volveron a denunciar que o novo hospital, ademáis de costar o triplple do orzamentado, “dondo beneficios ás empresas concesionarias”, sufriu importantísimos recortes en número de camas, “o cal incidirá no aumento da lista de espera”, de servizos esenciais, como o laboratorio central, en persoal, en quirófanos, “que son menos dos inicialmente anunciados o que está causando constantes retrasos na realización das operacións” e sen servizos.
En base a todo elo esixiron ao novo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que atenda as demandas dos profesionais e dos pacientes e que se sente a negociar “de xeito serio e coa mente aberta” cos representantes dos dous para cambiar o modelo do Cunqueiro que “nas semanas que leva aberto xa amosou que non funciona”, como puxeron de manifestó as constantes queixas do persoal, os enfermos e as súas familias, e as demisións de distintos responsables e xefes de servizo.