Vigo al minuto

Taller de emprego na sede da Deputación de Vigo, este luns

EmpregoDentro do programa integrado ‘Depoemprega 2015’, promovido pola Deputación de Pontevedra, terá lugar, o vindeiro 23 de novembro na sede de Vigo da institución provincial e o 24 de novembro no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, o “Taller de actitudes e habilidades sociais para a busca de emprego hoxe. Esta actividade, dirixida ás persoas beneficiarias do programa Depoemprega 2015 dos concellos de Bueu, Cangas, Ponteareas, Tui, O Grove, Vilagarcía de Arousa e A Estrada, será impartida por Pedro Rodríguez e ten por obxectivo impulsar a formación transversal de cara a dotar de ferramentas e habilidades sociais para facer unha busca de emprego eficaz.

Esta primeira actuación ten por obxectivo mellorar a empregabilidade e poder alcanzar o obxectivo final do programa, que é a inserción laboral de, a lo menos, un total de 50 persoas. Para elo, coa finalidade de adaptar as accións ás características individuais das persoas seleccionadas, o equipo técnico do programa está a traballar no deseño dos itinerarios personalizados de inserción, despois de manter entrevistas individuais con cada un das persoas beneficiarias.

O pasado mes de setembro púxose en funcionamento o Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local que aglutina accións de formación e inserción laboral coa finalidade de paliar as necesidades das persoas máis vulnerables de cara a integración sociolaboral e loitar contra a exclusión social.

Ademais do programa “Depoemprega 2015”, iniciado o pasado mes de outubro e con remate previsto para agosto de 2016, o Servizo de Emprego da Deputación de Pontevedra está a levar a cabo as actividades propias dos técnicos de emprego así como a organizar o programa Erasmus+ “Practicum Depo 2015” e un obradoiro de emprego na especialidade de atención sociosanitaria dirixido a mozas e mozos menores de 25.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.