É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másMarea de Vigo inicia unha campaña para que os veciños presenten alegacións aos orzamentos municipais
Marea de Vigo pretende, unha vez que o grupo municipal presentou unha emenda á totalidade no Pleno da Corporación o pasado 9 de novembro, que agora sexan as e os cidadáns a título individual e colectivos sociais os que presenten alegacións no periodo legal que se abre coa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o acordo de aprobación inicial.
Repartirá máis de 1.000 guías entre colectivos e espazos públicos de Vigo que explican de xeito sinxelo como presentar alegacións a un orzamento municipal e indicando onde consultar na web municipal e como presentar no rexistro do concello as propostas.
Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo suliñou que este orzamento foi de novo “feito sen abrir nin unha soa canle particitativa cos axentes sociais, co tecido asociativo e veciñal, que poderían ter presentando propostas ben diferentes en canto a prioridades recollidas neste proxecto de orzamento” como a Marea de Vigo está a detectar en “múltiples consultas que recibe o grupo municipal”.
Con esta iniciativa a Marea quere, como sinalaba a emenda á totalidade ao orzamento,”explorar un novo modelo de xestión dos Servizos públicos externalizados en vez de optar pola vía rápida da prórroga ou mesmo a compensación económica ás concesionarias privadas”, a de artellar un único e integral Plan de Emprego ou mesmo explorar iniciativas interesantes que comenzan a agromar en cidades como A Coruña ou Barcelona, de “mecanismos de Renda Básica ou Emprego Garantido, cuestionar a oportunidade actual da persistencia no modelo das humanizacións que non xeran emprego e simplemente engrosan as contas de resultados de constructoras privadas”.