Comarcas

Centos de rapaces rexeitan a violencia machista en As Neves amosando que a educación é fundamental para acabar coa violencia

As Neves1Centos de alumnos da EFA A Cancela, do IES Pazo da Mercé e do Coléxio Público de As Neves, xuntáronse, saido cadan seu dende o seu centro, nunha cadea humana que rematou diante do Concello, para rexeitar a Violencia Machista.

Ao acto, organizado polas direccións dos centros e pola Concellería de Muller e Igualdade, asistiron o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e os dous tenentes de alcalde, Eduardo Mariño e Óscar González, xunto cos profesores, amosaron que a única maneira de combater “esta lacra” é coa educación.

Rapaces e rapazas, que levaban globos morados, a cor que conmemora esta data, interviron para lembrar que a desigualdade non ten sitio na súa vida, que a violencia nunca resolve os conflictos e que as diferencias entre homes e mulleres son termos do pasado e que hoxe, no seu mundo, “no mundo futuro hai que falar de persoas”.

También te puede interesar