É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA Garda Civil empeza a controlar nas estradas galegas o estado das rodas dos coches
A Guardia Civil de Tráfico iniciará, en toda Galicia, unha campaña os días 1,2 e 3 de decembro, para controlar o mantemento das rodas baixo o lema ‘Vixía as túas rodas, evita accidentes’.A finalidade da mesma é reducir unha das causas dos sinistros na estrada, especialmente nos meses de máis chuvia.
Tráfico elixiu estas datas coincidindo coa Ponte da Constitución, na que aumeta o número de coches que circulan polas estradas galegas. “Para conducir con chuvia hai que ter as rodas nas mellores condicións xa que garanten a aderencia do coche á calzada. O mal estado das gomas inflúe, decisivamente, nas causas dos accidentes”.