Galicia

Os gandeiros mobilízanse de novo dende o luns en protesta polo baixo prezo do leite

Mobilización gandeiros (ARQUIVO)
Mobilización gandeiros (ARQUIVO)

Os gandeiros galegos anunciaron onte pola noite-logo dunha xuntanza coa conselleira de Medio Rural- que o luns volven a mobilizarse para protestar contra os baixos prezos do leite. Os gandeiros estarán nas sete grandes cidades de Galicia entregando leite de balde.

Os representantes de Unións Agrarias, Sindicato Labrego, Fruga y OPL, e o resto dos integrantes da Plataforma en Defensa do Sector Leiteiro, entenden que é necesario volver ás protestas xa que as medidas anunciadas polo Goberno de Galicia son todas elas a longo prazo e non terán efectos axiña.

Os gandeiros salientaron que ainda que o prezo do leite medrou 0,4 céntimos o mes pasado e outros 0,6 en setembro, esta suba ten que ver co aumento da calidade do leite nestos meses, non cos acordos aos que chegaron coa Administración e coas grandes empresas.

También te puede interesar