O anuncio o fixo este domingo o presidente do Goberno de Galicia, quen asegurou que esta mesma semana o Consello aprobará o contido da coñecida como ‘Tarxeta Familiar’ para que as familias nas que nazan rapaces dende o 1 de xaneiro de 2016 reciban 100 € ao mes.
Núñez Feijóo, quen fixo un balance positivo das medidas que o seu goberno aprobou para afrontar o problema demográfico de Galicia, subliñou que poderán optar a estas axudas as familias cun ingresos inferiores a 45.000 € anuais ou 13.500 € per capita, “o que supón que se beneficiarán da axuda o 85% dos rapaces nados en Galicia dende o comezo do ano que ven”.