O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 69 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, día 27, ás 12 menos un minuto das noite deste domingo. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o venres con 18 accidentes.
A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 61 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 69 persoas.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 63. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 54 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dúas ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en dous sinistros.
En 60 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 9 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.