Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Situm e Imantia ‘Premios Galicia Spin-off’, convocados polo portal vigués Gciencia

PremioAs empresas Situm e Imatia recibiron hoxe os galardóns que as distinguen coma gañadoras dos ‘Premios Galicia Spin-off’-convocados polo portal vigués Gciencia, e o Banco Pastor– nas categorías Idea Emerxente e Selo de Calidade, respectivamente. O acto de entrega de premios tivo lugar na sede da Fundación Barrié da Coruña e ao mesmo asistiron, entre outras autoridades, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente da Fundación Barrié, José María Arias. Representantes das universidades galegas, do mundo empresarial e da cultura tamén asistiron ao acto.

A empresa de biotecnoloxía Celtalga recibiu tamén unha distinción ao resultar finalista na categoría Idea Emerxente. Os premios teñen como obxectivo distinguir as spin-offs galegas máis senlleiras pola súa traxectoria (Selo de Calidade) e pola posta en marcha de ideas innovadoras (Idea Emerxente).

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apuntou que as empresas innovadoras, coma as recoñecidas nestes premios, teñen como distintivo a aposta pola internacionalización e suliñou as propostas innovadoras realizadas por Situm e Celtalga e a traxectoria de excelencia de Imatia.

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, pechou ás intervencións resaltando a necesidade das institucións de realizar unha aposta pola educación e pediu que as leis permitan ás administracións apoiar a formación e o emprendemento. Destacou a labor realizada polos investigadores e reclamou accións para evitar que teñan que emigrar a outros países.

Ao acto, celebrado na sede da fundación Barrié da Coruña, asistiron tamén o reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto Barbeito, o vicerreitor da Universidade de Santiago, Xosé Pereira, o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Angel Ríos, ou coordinador do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara.

Imatia, a empresa gañadora no apartado Selo de Calidade, é unha spin-off xurdida na Universidade de Vigo e especializada no desenvolvemento rápido de software innovador para empresas e administración públicas. O seu obxectivo estratéxico é a comercialización de produtos de software, o que fai a través das marcas Ontimize, Cividas e Elastic. Entre os méritos para a concesión do premio, atópase a súa traxectoria de excelencia ao longo de dez anos, nos que acadou fitos coma vender os seus productos nos países máis avanzados do mundo (EE.UU., Canadá, Reino Unido, Holanda) e situarse como provedor de empresas punteiras coma Inditex, BNP Paribas ou ADIF. Imatia conta actualmente cunha plantilla de 71 traballadores (moitos deles titulados nalgunha das tres universidades galegas) e prevé uns ingresos neste ano superiores aos 3,5 millóns de euros. Coma gañadora do premio Galicia Spin-off no apartado Selo de Calidade, Imatia recibiu unha oferta de financiamento por parte do Banco Pastor e unha peza escultórica exclusiva.

Situm Technologies, spin-off da Universidade de Santiago, adícase ao desenvolvemento e comercialización da súa propia tecnoloxía de localización en interiores para smartphones. Situm desenvolveu unha das tecnoloxías máis precisas no mercado LBS, baseada nos coñecementos adquiridos polos promotores da empresa durante a súa etapa investigadora. Aínda que Situm so conta con algo máis dun ano de vida, a súa tecnoloxía implantouse xa en máis de 30 edificios espallados por diversas partes do mundo (Galicia, Madrid, Barcelona, EE.UU., Xapón e Colombia). O seu produto principal, Situm RTLS, é unha plataforma de localización en interiores para teléfonos intelixentes. O premio recebido ao resultar gañadora no apartado Idea Emerxente, consiste en 2.000€ en metálico, unha peza de deseño exclusivo e unha oferta de financiamento do Banco Pastor.

Pola súa banda, Celtalga Extract adícase a produción de extractos acuosos de macro algas procedentes das costas galegas. Os produtos obtidos aplícanse de xeito prioritario no sector cosméticos, aínda que tamén poderían utilizarse noutros campos coma a alimentación e a agricultura. As ventas da empresa acadarán os 250.000 € en 2016. Coma finalista no apartado de Idea Emerxente, Celtalga recibiu unha peza física de deseño exclusivo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.