Cultura Galicia

‘Frankenstein-04155’, o documental sobre o accidente de Angrois, gaña a 29 edición de Cineuropa

FRANKEISTEINCineuropa rematou o pasado domingo, 29 de novembro, a súa 29ª edición, na que proxectáronse máis de 300 filmes. En total foron 29.700 persoas as que asistiron aos mesmos, incluídas as acompañadas con música en directo da Banda Municipal de Música e da Real Filharmonía de Galicia. Esta XXIX edición foi, ademais de a de maior número de películas da historia, en 21 seccións, a que bateu o récord de películas na sección oficial: 35 vistas do 6 ao 28 de novembro en cinco salas da cidade: Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC, Sede Afundación e Auditorio de Galicia e este ano estrenou dominio novo en internet: cineuropal.gal.

A gañadora desta edición foi ‘Frankenstein-04155’ do galego Aitor Rei que tivo a súa estrea o 18 de novembro nun Teatro Principal ateigado que lle deu de nota un 9,53. Esta película documental analiza as múltiples variables que influíron no fatal accidente do Alvia 04155 o 24 de xullo de 2013. A película, producida por Boneca Lareta, contou coa colaboración da Plataforma de Vítimas Alvia 04155, que estiveron presentes xunto a Aitor Rei na proxección, e recibiu financiamento a través de achegas de particulares mediante unha plataforma de crowfunding.

 

También te puede interesar