Galicia

Os tractores volverán a ‘tomar’ Lugo dende este xoves en protesta polo prezo do leite

LugoComo xa fixeran hai máis dun mes, os tractores volverán tomar Lugo, ante a falta de cumprimento por parte do Goberno de Galicia e do Estado da promesa de subida dos prezos do leite, que segue igual e que “non nos da para seguir mantendo as granxas”.

Os gandeiros anunciaron que, dende este xoves, van manter a protesta de forma indefinida até recibir explicacións por parte da distribución sobre o incumprimento do acordo lácteo.

A súa protesta non só se manterá no entorno da muralla: teñen pensado desprazarse aos centros de distribución para que os seus responsables aclaren cómo pòde ser que logo de asinar un acordo baixo o amparo do Ministerio de Agricultura, “subiron o prezo do leite nos lineais, pero iso non repercutiu nos produtores”.

O Concello de Lugo prohibiu o estacionamento de vehículos na Rolda da Muralla a partir da noite deste mércores logo de obter a garantía dos gandeiros de que deixarán aberto un dos carrís da Rolda para non empeorar o tráfico na capital.

También te puede interesar