Foto: Proendos/En Marea, a coalición de Podemos, EU e Anova obtén os mellores resultados nas sete grandez cidades o que, salientan os seus integrantes, “permitirá que Galicia teña, por primeira vez na historia, grupo parlamentar propio no Congreso dos Deputados”.
Co 100% do voto contado, en Compostela En Marea repite-con 409 votos menos- os resultados das Eleccións Municipais de maio- e queda so por detrás do Partido Popular, que conquire 20.065 sufraxios-.
En A Coruña, A Marea,logra 45.759 votos por 46.705 do PP, e supera en 10.000 sufraxios os que obtivo Marea Atlántica nas Municipais de hai sete meses.
En Ourense, triplica os votos logrados en maio por Ourense en Común- pasando de 5.543 a 15.273- fronte aos 22.553 do Partido Popular e por diante dos 14.574 do PSdG-PSOE. O mesmo sucede en Lugo, onde Lugonovo obtivo 5.379 nas Municipais e este domingo subiu ata os 13.963– por 19.934 dos populares, que perden preto de 10.000 votos dende 2011, e por diante dos 12.533 dos socialistas, que obteñen 5.000 apoios menos que hai catro anos-.
En Pontevedra, Marea Pontevedra pasou de 3.222 sufraxios nas Eleccións Municipais de maio, a 13.213- fronte aos 16.266 do PP e 9.927 dos socialistas e catro veces maís que os 3.203 do BNG-Nós do alcalde Lores-. Polo que se refire a Ferrol, En Marea pasa de 7.230 a 12.423- fronte aos 13.220 do Partido Popular e 7.890 do PSOE-.