Vigo al minuto

O alcalde da a benvida a Vigo a Alejo Stivel e Carlos Tarque que actúan este mércores no ‘Mar de Vigo’

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O alcalde deu a benvida este martes a Vigo a estes “mitos e ídolos” da música, cantantes de Tequila e M Clan, respectivamente, que ofrecerán mañá un concerto conxunto no Auditorio Mar de Vigo, dentro da programación municipal de Nadal. Ambos escolleron Vigo para reunirse por primeira vez e interpretar algúns dos clásicos do rock en español, nun formato acústico e íntimo.

Abel Caballero amosou a súa “satisfacción” pola “importancia” da actuación que terá lugar mañá mércores, 23 de decembro, ás 9 e media da noite no Mar de Vigo, con entradas á venda desde os 18 €.

Alejo Stivel, cantante de Tequila, e Carlos Tarque, á fronte de M Clan, son dúas estrelas do rock and roll en español, dous amigos de sempre que elixiron a cidade de Vigo para reunirse por primeira vez nunha noite exclusiva. Nun concerto de corte íntimo e acústico, a deste mércores será unha ocasión única para gozar dos clásicos que todos coñecemos e dalgunhas versións que nunca tocaran con anterioridade.

También te puede interesar