Vigo al minuto

Asociación Veciñal de Teis denuncia que o Concello non executou o ‘Plan Aqualia’ anunciado en xullo de 2013

Teis1A Asociación Veciñal de Teis ven de denunciar que maila a que o Concello anunciou en xullo de 2013, un plan de investimentos do Concello e Aqualia para renovar a redes de abastecemento de augas, que incluía actuacións en Teis, logo de máis de dous anos, “este plan non se executou na súa totalidade”. Os representantes dos veciños afirman que a renovación da avenida de Galicia “non se realizou cun orzamento de 70.346,79 €, e cunhas obras que estaban previsto comezar en outubro e finalizar en decembro de 2013.”

A Asociación indica que na actualidade a avenida de Galicia e unhas das rúas de Teis, que segue con roturas continuas desde fai anos, dúas ao longo deste mes de decembro, en concreto o 8 e 23 de decembro.

Teis2“No caso da última rotura, esta provocou a inundación dunha vivenda, na que reside unha persoa maior, provocando danos. Esta vivenda xa non é a primeira vez, que sofre danos polo deterioro da rede de abastecemento”.

Os representantes veciñais cualifican “escándalo” que non se executara esta obra “logo de dous anos e de continuas roturas, que se incluía nun plan de obras”. Ademáis, a Asociación demanda o cumprimento do Plan Aqualia 2013 e a elaboración doutro plan de renovación da rede de abastecemento en Teis, que inclúa as rúas: Subida a Ponte, rúa Gerardo Campos Ramos, rúa da Campa, rúa Purificación Saavedra,  Doutor Corbal, Subida a Ponte, travesías Doutor Corbal ( por Pedro Alvarado) , travesías da rúa Espiñeiro.

You may also like