Comarcas

A alcaldesa do Porriño da orde de iniciar inmediatamente as melloras no CEIP Plurilingüe de Atios

Eva1A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coas concelleiras Lourdes Moure e Soledad Girón, fixo unha visita o CEIP Plurilingüe de Atios para coñecer en persoa as necesidades deste centro educativo no que cursan os seus estudos un total de 210 rapazas e rapaces de infantil e Primaria.

O director do colexio fixo unha descrición polo miúdo dos proxectos que está a desenrolar o mesmo e sinalou a importancia de acometer distintas reformas e melloras nas instalacións, algúns de máxima urxencia, como a colocación dun valado de protección na área de recreo dos pequenos de Educación Infantil.

Eva García de la Torre comprometeuse a acometer esta mesma semana a obra de xeito que estea rematada nos vindeiros días. O concello, asegurou a alcaldesa, tamén arranxará os desperfectos causados nos vestiarios por un incendio e polos problemas causados por unha fuga de auga na zona das duchas, que é a causa da caída de varios paneis do teito. Os técnicos municipais examinarán o remate da parte superior do ximnasio, parte da cal que se retirara os para gañar preto de medio metro de altura e para evitar os efectos da condensación.

A alcaldesa amosou o seu interese pola proposta do director de ampliar a superficie do colexio con dúas novas aulas na parte superior do mesmo. Na actualidade o espazo necesario para forma parte dunha vivenda, propiedade municipal, cedida en precario a unha inquilina. Eva García de la Torre estudará a posibilidade de reificar a esta persoa noutra vivenda do Concello.

También te puede interesar