O alcalde recibiu este xoves a representantes do goberno da provincia chinesa de Hunan, como parte dunha iniciativa liderada por Afundación para captar inversores extranxeiros en proxectos estratéxicos galegos, nos sectores agroalimentarios e da automoción. Abel Caballero declarou que ve “con agrado” a proposta de irmandarse coa urbe asiática se significa aumentar as opcións de atraer investimentos.
O proxecto “ICI .Gal” está orientado á entrada de inversores extranxeiros en proxectos estratéxicos para Galicia, “singularmente para Vigo”, en verbas do alcalde, nos sectores agroalimentario e da automoción, que “toca directamente” á cidade.
Caballero explicou que se trata de “fortalecer” as relacións entre ambos territorios e avanzou que a delegación chinesa propuxo irmandar Vigo con Hunan, urbe duns 7 millóns de habitantes. “É unha ocasión para estreitar relacións”, asegurou o alcalde quen lembrou a experiencia coa cidade mexicana de Celaia.