O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 49 persoas implicadas en 36 accidentes de tráfico acontecidos nas estradas galegas 3 da tarde do venres e as 12 menos un minuto da noite deste domingo.
A Central de Coordinación do 061 recibiu estes días 45 chamadas en relación a accidentes de tráfico, que xeraron 36 asistencias. Por provincias, foi Pontevedra onde tiveron lugar máis sinistros, con 15, seguida de A Coruña, con 13; e Lugo e Ourense, con catro accidentes en cada unha.
En total, mobilizáronse 52 recursos sanitarios. As ambulancias medicalizadas acudiron a dous accidentes, as asistenciais mobilizáronse en 39 ocasións e os médicos de Atención Primaria prestaron servizos en nove sinistros. As ambulancias convencionais foron mobilizadas dúas veces.
En 47 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en dúas ocasións atendéronse no lugar do accidente sen necesitar traslado.