É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO proxecto da #EstaciónIntermodal de Vigo estará listo este mesmo ano
A conselleira de Infraestructuras anunciou este mércores en Vigo que convocará unha nova xuntanza co Concello para acordar a execución dos accesos da terminal de autobuses e acadar a primeira cidade galega con estación intermodal.
Ethel Vázquez, a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas; e representantes de ADIF analizaron hoxe na propia Estación de Urzáiz os primeiros traballos para a redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses da futura intermodal de Vigo.
Vázquez explicou que estes traballos comezan polo levantamento topográfico da parcela que acollerá esta terminal. Concretou que só o contrato deste proxecto supón un investimento de 350.000€ e 9 meses de traballo, polo que se disporá do documento dentro deste mesmo ano.
A conselleira sinalou que a estación intermodal, na parte de autobuses contará con 21 dársenas susceptibles de ampliación e unha superficie duns 9.000 m2. Ademais compartirá servizos coa estación de ferrocarril, buscando tanto a optimización de investimentos como a comodidade dos usuarios.
Ethel Vázquez salientou que a execución da estación intermodal levarase a cabo “contra vento e mareas” en referencia á “oposición” de “AGE-Mareas-Podemos de bloquear o desenvolvemento do transporte público en Vigo e de Vigo co resto de Galicia”.
Vázquez explicou que o obxectivo do Goberno galego é atopar unha solución urbanística para poder desenvolver este proxecto na súa integridade, “unha cuestión en plena sintonía co Concello de Vigo”.