É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO Goberno de Galicia aproba a convocatoria de 800 prazas para #Sanidade
O presidente do Goberno de Galicia avanzou hoxe que a Oferta Pública de Emprego (OPE) para 2016 superará as 2.000 prazas entre Servizo Galego de Saúde (Sergas), Educación e Administración Xeral.
Neste senso, o presidente Feijóo sinalou que no ámbito sanitario, o Goberno galego contempla poñer a disposición dos opositores máis de 800 prazas de diferentes categorías sanitarias. A elas hai que sumar, segundo engadiu, as máis de 1.100 prazas xa anunciadas no ámbito da Educación e as que se convocarán en Administración Xeral, que serán aprobadas nas vindeiras semanas.
O xefe do Executivo a OPE deste ano superará o volume de todas as convocatorias acumuladas dos últimos anos grazas ao fin da limitación do 10% na taxa de reposición máxima establecida polo Estado, unha situación que tamén afectou ao Sergas.
Segundo Feijóo, dende o ano 2012 téñense ofertado na Sanidade galega un total de 788 prazas para diferentes categorías sanitarias. Neste senso, engadiu que hoxe o conselleiro de Sanidade informou na xuntanza do Consello de Goberno sobre o desenvolvemento do proceso selectivo para optar a prazas de Medicina de Familia e Enfermería, cuxas probas terán lugar este mesmo sábado no recinto feiral da Semana Verde en Silleda.
Como salientou, trátase de case 300 prazas correspondentes ás ofertas de Emprego Público do Sergas dos anos 2013 e 2015 e para as que hai máis de 9.500 aspirantes inscritos.
Concretamente, no caso de medicina de familia ofértanse 82 prazas, ás que concorren 1.040 aspirantes, dos cales 945 preséntanse por quenda libre, 67 por promoción interna e 28 pola de discapacitados.
En enfermería, hai 8.488 aspirantes admitidos que optan a 205 prazas. Deles, 8.269 preséntanse pola quenda libre, 108 pola de promoción interna e 11 pola de discapacitados.