Deportes

O goberno da Deputación asegura que non negou axuda algunha ao #RallyeRíasBaixas

Salida do Rallye Rías Baixas dende Vigo (Arquivo)/Foto:vigoalminuto.com
Salida do Rallye Rías Baixas dende Vigo (Arquivo)/Foto:vigoalminuto.com

O membro do grupo de goberno da Deputación de Pontevedra, Santos Héctor Rodríguez, cualificou de “impresentable” a actitude do Partido Popular así como as súas declaracións sobre as axudas á organización do Rallye Rías Baixas. “O PP esta pedindo á Deputación que cometa unha arbitrariedade. Está pedindo que deamos unha axuda saltándonos a convocatoria pública de subvencións na que poden participar todos as organizacións deportivas da provincia. Iso acabou. As axudas a dedo sen convocatorias públicas deixaron de existir na Deputación de Pontevedra. Agora todo se fai por concorrencia, con legalidade, transparencia e en igualdade de condicións”

Rodríguez lembra que a Deputación nunca se negou a apoiar ao Rallye Rías Baixas. Os organizadores do rallye saben, e así o recoñeceron públicamente, que poderán acceder a esas axudas en concorrencia co resto das peticións que expoñen todos os clubs e organizacións deportivas da provincia. Dixemos con claridade aos organizadores do rallye que poderán ter apoio da institución provincial concorrendo con todos os demais á convocatoria pública que temos en marcha. Todos poden acceder ás axudas. Os organizadores do rallye, tamén, pero en igualdade de condicións que o resto”

O portavoz do Grupo socialista subliñou que o modelo que implantou o novo Goberno provincial nada ten que ver co anterior. “A arbitrariedade e a asignación de fondos públicos a dedo non ten cabida na nova política que aplica a nova Deputación de Pontevedra. O PP esíxenos que tomemos unha decisión arbitraria e inmoral e non o imos facer. Non hai presión posible para que nos saltemos a transparencia, a concorrencia e a legalidade”

Santos Héctor asegura, ademais, que “o PP esta pedindo que fagamos algo que non ten cabida na lei de subvencións e eles sábeno perfectamente aínda que o practicaran. Para nós todos os deportes e as súas organizacións son iguais e ninguén vai ter un trato especial. Todos poderán acceder ás axudas públicas. A lei e os criterios obxectivos son os cimentos nos que baseamos as nosas decisións. O amiguísimo, a arbitrariedade e a libre disposición de recursos desapareceron da Deputación de Pontevedra”.

También te puede interesar