586 estudantes estranxeiros cursarán estudos na Universidade de Vigo este curso escolar, superando o máximo histórico establecido o ano pasado, no que 557 alumnos de intercambio, por medio de diferentes programas de mobilidade, ampliaron a súa formación na nosa cidade.
A universidade viguesa indica que 137 destos estudantes permanecen o curso completo, 240 ao primeiro cuatrimestre e 240 están neste segundo cuatrimestre.
Os países que máis estudantes envían son Italia (85), Alemaña (78) e México (70), pero tamén hai alumnos de países como Corea, Brasil e Turquía, a maioría por medio de Erasmus -399-convenios bilaterais -116- e International Student Exchange Programme Isep -30-.