Vigo lembrará a Xosé Neira Vilas cunha estatua que estará preto da biblioteca de Martínez Garrido, que leva o seu nome. Este xoves o Concello e a Deputación asinaron un convenio para que unha reproducción, en granito de ‘Balbino’, o rapaz de ‘Memorias dun neno labrego’, serva de homenaxe ao xenial escritor na nosa cidade.
A estatua, que fará a Escola de Canteiros da Deputación, estará colocada no seu lugar ao longo do mes de marzo, segundo adiantou hoxe o alcalde xunto coa presidenta da Deputación, Carmela Silva.