Galicia

Afectados das Preferentes do Baixo Miño denuncian que “membros da Policía Local de Tui continúan repirmindo aos nosos membros”

IMG-20160129-WA0008A Plataforma de Afectados polas Preferentes do Baixo Miño “non sae do seu asombro” tras recibir recentemente outra sanción administrativa máis dirixida á afectada tudense Yolanda Viñas.

“Lembremos que este movemento social foi sancionado por todo o País, como medida represora para amedrentalos e que se viran forzados a abandonar a rúa onde denunciaban que os aforros das galegas e galegos foron roubados e o Goberno non facía nada por solucionarlo”, indica a Plataforma.

Hai que lembrar que na Comarca do Baixo Miño sumáronse case 50 sancións que foron recurridas perante o Contencioso Administrativo da que xa houbo resposta a favor dos afectados polas preferentes e subordinadas da Comarca sumando un total de case 20.000€ en multas.

Somentes no Concello de Tui, algúns axentes da Policía Local, impuxeron 10 sancións de 600€ cada unha, unha multa de 500€ e unha de 100€, das que xa houbo resposta do Xulgado do Contencioso Administrartivo de Pontevedra no que “se demostrou que este axentes menitron e ditas multas foron retiradas”.

A Plataforma engade que, “por se non fose dabondo, un dos axentes que desenvolve un alto cargo na Comisaría da Policía Local tudense tamén arremeteu, persoalmente a dous integrantes desta plataformas con graves problemas psiquiátricos, e ao portavoz da Plataforma desta Comarca mediante vía civil. Como non podía ser doutro xeito ,unha vez maís a xustiza volveulle a dar a razón aos afectados sancionados”.

Afectados polos preferentes subliñan que “dando por feito xa que o pesadelo dos preferentistas rematara, despois do Nadal, neste mes de xaneiro, Yolanda Viñas, veciña de Tui, foi ‘agasallada’ con outra multa de 300€ de parte da Policía Local de Tui”.

Esta sanción fai refencia a uns comentarios publicados nun muro de Facebook o 7 de decembro de 2015 citando un artigo de prensa. Yolanda Viñas redactou unha serie de feitos ocorridos durante o  periplo loitando coa plataforma de afectados polas preferentes no Baixo Miño, “e pedíu unha disculpa pública”.

Ante estes feitos, axentes da Policía Local de Tui, “corpo que ten denunciado públicamente a súa sobrecarga laboral, amparado polo Subdelegado do Governo, decide revisar comantarios lexítimos en redes socias dos preferentistas para continuar coa represión”. Por elo, a Plataforma vai “inciar os trámites xudiciais e políticos” para paralizar esta “situación surrealista que xa raia a estupidez”.

También te puede interesar