O Entroido de Vigo contunúa este luns, cunha programación adicada totalmente aos rapaces. No vestúibulo do Auditorio do Concello, empezan, ás 5 da tarde, os ‘Obradoiros Infantís’, que ata as 8, desenrolarán as actividades ‘O gorro louco’, ‘Anteface comestible’ e ‘Globoflexia’.
Na Lonxa do Concello, ás 5 da tarde, chega a actuación infantil ‘Preséntame un pallaso’. De seguido, dará comezo o ‘Concurso de disfraces’ nas categorías Infantil Individual e Grupo Infantil Conxuntado (ata 13 anos). As inscripcións poden facerse no mesmo lugar de 5 a 6 da tarde e o concurso empezará ás 6.