Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer más@depo_es aproba 9 millóns para o financiamento de varios concellos da provincia
A Deputación de Pontevedra ven de aprobar orzamentos de máis de 9 millóns de euros destinados aos concellos da provincia para financiar o emprego, as actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais e o financiamento do gasto corrente.
O Plan Concellos 2016 supón unha transferencia total de 40 millóns de euros que a Deputación pón a disposición dos 60 concellos da provincia para desenvolver políticas de emprego, inversións, cultura, etc. Este plan repártese en 16 millóns de forma lineal entre os concellos da provincia, de xeito que a cada un lle corresponde unha cantidade fixa de 266.666,67 €. A cantidade restante, 24 millóns de €, repartiranse atendendo a tres criterios: a poboación de cada concello (o 60%), a súa superficie (20%) e os seus núcleos de poboación (20%).
O plan marca catro liñas de axuda: axudas para inversións, axudas para afrontar necesidades de gasto corrente, axudas para actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais dos Concellos, e axudas para financiar o emprego
En canto as axudas para o emprego, destinadas ao financiamento das contratacións que fan os concellos (Liña 4 do Plan), dende o comenzo do ano o goberno provincial aprobou un total de 7,5 millóns de euros que benefician a 52 concellos para financiar a contratación de 1033 traballadores.
O 29 de xaneiro aprobouse a primeira relación de subvencións a 38 concellos para contratar a 729 traballadores por case 5 millóns de euros. O 5 de febreiro a Xunta de Goberno aprobou a segunda relación de axudas para a contratación de 196 persoas en 9 concellos da provincia, por valor de 1.731.669,32 euros. E este venres, 12 de febreiro, o goberno da Deputación aprobou a terceira relación de axudas por importe de 730.000 euros para outros 5 concellos. Neste último caso, son os municipios de Cangas, Cuntis, Moraña, Mos e Salceda de Caselas que poderán afrontar a contratación dun total de 108 traballadores.
O Concello de Cangas poderá financiar con 200.556 euros a contratación de 34 traballadores: 28 peóns, 1 conductor, 3 conserxes de edificios públicos e 2 auxiliares administrativos. No caso de Cuntis, aprobouse unha axuda de 113.085 euros para contratar a 20 traballadores: 1 enxeñeiro agrónomo, 1 condutor, 1 palista, 1 operario desbrozadora, 1 técnico de protección civil, 7 albaneis, 1 condutor tractor desbrozadora, 6 peóns de obra pública e 1 auxiliar administrativo. No caso de Moraña, destíñanse 94.415 euros á contratacion de 10 traballadores: 3 peóns de obra pública, 3 albaneis, 1 varredor, 1 conductor, 1 peón de limpeza e 1 xardineiro. O Concello de Mos recibe unha subvención de 192.761 euros para contratar un total de 20 traballadores: 4 teitadores de asfalto, 2 instaladores de tubos para condución de gabias en xeral, 5 operarios mantedores de edificios, 6 operarios conservadores de parques e xardíns e 3 limpadores-mantedores de piscinas. Finalmente aprobouse unha axuda de 127.812 euros para o Concello de Salceda para á contratación de 24 traballadores: 5 peóns de limpeza, 5 peóns de albanel, 4 péons de xardinería, 1 animador sociocultural, 1 orientador laboral, 2 auxiliares administrativos,1 condutor e 5 monitores-socorristas.